jueves, 21 de febrero de 2013






O APARATO RESPIRATORIO 



A FUNCION DO APARATO RESPIRATORIO  

  É o intercambio de gases: cede dióxido de carbono e toma osíxeno (o sangue é a que toma e cede ). O osíxeno é necesario para o funcionamento celular.


PARTES DO APARATO RESPIRATORIO


  O aparato respiratorio está constituído polas vías respiratorias que son:


    1-Tracto respiratorio superior que consta de:


       -Fosas nasais: son a abertura disposta xeralmente no naríz, por onde intercambían osíxeno e dióxido de carbono co medio aéreo.

       -Farinxe: ë un tubo musculoso situado no pescozo e revestido dunha membrana mucosa; conecta o nariz e a boca coa traquea e o esófago.
       -Larinxe: é un tubo musculoso-cartilaxinoso da parte superior do aparato respiratorio e órgano esencial da fonación.
      
     2-Tracto respiratorio superior que consta de:

      -Traquea: é un órgano tubular que ten de 10 a 16 cm de lonxitude e uns 25mm de diámetro interno e por el pasa o aire.
       -Bronquios: son as vías respiratorias que conducen o aire desde a traquea o interior dos pulmóns. Na terminación dos bronquios atopamos os alvéolos que é donde ten lugar o intercambio gaseoso entre o aire inspirado e a sangre.
       -Pulmóns: son dous órganos en forma de bolsa, no seu interior realízase o intercambio de gases. Estos están recubertos por unha membrana chamada pleura.


   A respiración consta de dous mobementos chamados inspiración (para coller osíxeno) e espiración (para espulsar dióxido de carbono), nos que interveñen diversos músculos:


    1- O diafragma: é un músculo que separa o torax do abdomen.
       2-Os músculos intercostais: son os que se encontran entre as costelas.
    3- Os rectos abdominais: encontranse no abdomen.

AS ENFERMIDADES DO APARATO RESPIRATORIO


- A asma é unha enfermidae inflamatoría do aparato respiratorio que provoca dificultade na respiración.
  


- A bronquite crónica ou cancro de pulmón. Temos que ter en conta que un dos grandes factores que afectan a estas enfermidades é o consumo do tabaco.


- A neumonía é a inflamación dos pulmóns e das vías respiratorías.


- A tuberculose é unha infeción cusada por unha bartería.







No hay comentarios:

Publicar un comentario